Encontro de Zanfona Galega - Cervantes
A Aula de Zanfona da Tradescola está a organizar o Encontro de zanfona galega que terá lugar os vindeiros días 8 e 9 de abril, na Campa da Braña (Cervantes).
Na xornada do sabado 8 de abril contaremos cunha charla de Pablo Quintana sobor das súas investigacións da zanfona en Galicia e unha clase-obradoiro de posta en escea e interpretación de romances de cego impartida por Antón Castro.
Posteriormente haberá unha cea de confraternización que pasará a ser unha polavila zanfoneira. Ao día seguinte visitaremos a aldea de Piornedo e as súas pallozas, onde tomaremos uns petiscos antes de despedirnos e emprender o regreso d@s participantes.

Inscricións: por watsapp a Daniel Carballo (Maka) (608170856). Indicade o nome e apelido, número de persoas, se comparten habitación e especificade se asistirán ao xantar (para poder organizar mellor o aloxamento e as comidas)
Prezos: Pousada Campa da Braña (www.oscancares.org)
Cuarto dobre 25€
Liteiras 8€
(Os baños son compartidos)
Almorzo 3,5€
Xantar e cea 12€
Mesón Novo (www.mesonnovo.es)
Cuarto dobre con baño 36€
Cuarto dobre sen baño 26€
Almorzo 3€
O custo dos conferenciantes e os petiscos repartirase a escote entre @s asistentes.
Encontro de Zanfona Galega - Cervantes
No comments:
Post a Comment