Thursday, March 26, 2015

3-5 APRIL; Rianxo, GALICIA, ES: Zona da Zanfona




– Zona da Zanfona, o festival internacional de zanfona organizado por aCentral Folque chega a súa XI edición consolidado como un referente internacional no seu ámbito. *

Na súa programación inclúense ofertas variadas e complementarias que van desde o público de veciñas e veciños de Rianxo e a comarca de Arousa e de Barbanza.

Sesións didácticas nas escolas do concello, divulgación do instrumento por medio da publicación de vídeos 10º aniversario, curso para especialistas de interpretación con Tobie Miller, virtuosa e referente mundial no prolífico repertorio barroco para zanfona, sesión de baile comisariado por Óscar Fernández e outros zanfonistas galegos e a presentación da últimas investigacións de Pablo Quintana sobre o pioneiro Amadeo Goyanes, discípulo de Faustino Santalices, conforman a programación da Zona da Zanfona para este ano en Rianxo.

Logo de dez anos, os Encontros Internacionais coa Zanfona seguen a estender os límites conceptuais deste “sintetizador medieval” a territorios compartidos por estéticas posmodernas (drone, acusmática, secuenciación computacional, reducionismo, intervención sonora, improvisación, performance, o loop,…) que conviven coa música popular e universal, coa música coma razón social e encontro humano na percepción abstracta da paisaxe acústica dos nosos días.

Son significativas todas as figuras de renome internacional que teñen pasado por este encontro situando a Galicia no epicentro mundial do instrumento e que marca un presente magnífico para un porvir donde a memoria do instrumento vai gañando cada vez máis espazo desde o rexurdir dos anos 70. aCentral Folque é plataforma activa que aposta e pon e conexión a profesionais, alumnado e luthiers conseguindo desde o 2000 unha renovación esencial para o instrumento.

Zona da Zanfona ten acubillado os máis sobresaíntes creadores da novas tendencias para o instrumento: Valentín Clastrier, Gilles Chabenat, Gregory Jolivet, Marc Egea, Isabelle Pignol, Óscar Fernández, Anxo Pintos, Adrià Grandia, Germán Díaz … ou os luthieres e investigadores Jaime Rebollo, Xulio Gª Bilbao, Luciano Pérez, Pablo Cid,…
Consolidado en Rianxo, ubicación de excepción para a cultura do país está a vangarda na programación musical para a zanfona, instrumento carismático que segue a sorprender e dando que falar logo de mil anos de Historia.

* (google translate): Zone Zanfona, the international festival organized by accordion aCentral Folque reaches its eleventh edition established itself as an international reference in its scope.

In its program offerings include diverse and complementary ranging from the public and neighboring residents and the region Rianxo Arousa and Barbanza.

Teaching sessions in the schools of the municipality, disclosure of the instrument by means of video publishing 10th anniversary, course specialists interpretation Tobie Miller, virtuous and world reference in prolific Baroque repertoire for accordion, dance session curated by Oscar Fernandez and other zanfonistas galegos and the presentation of the latest research on Paul Quintana pioneer Amadeo Goyanes, disciple of Faustino Santalices, make the programming of Zone Zanfona this year Rianxo.

After ten years, the International Meetings with Zanfona continue to extend the boundaries of this conceptual "medieval synthesizer" territories shared aesthetic postmodern (drone, acousmatic, sequencing computational reductionism speech sound, improvisation, performance, loop, ...) that coexist with popular music and universal, with music and eat right social gathering human perception abstract acoustic landscape of our days.

They are all significant figures of international repute who have gone through this encounter placing India in the global epicenter of the instrument and that marks a wonderful gift for a future where the memory of the instrument is gaining more and more space from resurging 70s aCentral Folque active platform is committed and puts connection and professionals, students and luthiers from 2000 getting a renewal essential for the instrument.

Zone Zanfona has sheltered the most outstanding creators of the new trends for the instrument: Valentine Clastrier Gilles Chabenat Gregory Jolivet, Marc Egea, Isabelle Pignol, Oscar Fernandez, Angel Pinto, Adrià Grandia, Germán Díaz ... or luthiers and researchers Jaime Rebollo , Julius Gª Bilbao, Luciano Perez, Pablo Cid, ...
Consolidated Rianxo exception location for the culture of the country is at the forefront in the music program for the accordion, an instrument charismatic continues to amaze and giving to talk after a thousand years of history.

PROGRAMA DE ACTIVIDADES ZdZ 2015
Data/hora Evento
03/04/2015
19:30 Presentación "Amadeo Goyanes"
Auditorio de Rianxo, Rianxo
03/04/2015
20:30 Concerto ZdZ'15
Auditorio de Rianxo, Rianxo
04/04/2015
22:30 Baile Assalto ZdZ'15
Liceo Marítimo Rianxeiro, Rianxo Galiza
05/04/2015
11:00 Curso de zanfona: Tobie Miller
Auditorio de Rianxo, Rianxo

article –
http://www.folque.com/01.140415wp/actividades/producions/zona-da-zanfona-xi-encontro-internacional-rianxo/

aCentral Folque 

folque.com
facebook.com/acentral.folque
facebook.com/pages/aCentral-Folque/218802964992



Zona da Zanfona. XI Encontro Internacional. Rianxo - Folque



No comments:

Post a Comment