Friday, March 28, 2014

4-6 APRIL; Rianxo, Galicia ES :: ZONA DA ZANFONA




aCentral Folque -Galician Center for Popular Music
Celebrating 10 years








Zona da Zanfona, X Encontro Internacional

ZdZ 2014
Lugar: Rianxo
Prezo: por actividade
Zona da Zanfona, o festival internacional organizado por aCentral Folque cumple 10 anos consolidado como un referente internacional no seu ámbito. Na súa programación inclúense ofertas variadas e complementarias que van desde o público de veciñas e veciños de Rianxo e a comarca de Arousa principalmente as crianzas, até o público xeneralista ou especializado no instrumento.
Sesións didácticas nas escolas do concello, divulgación do instrumento por medio da publicación de vídeos 10º aniversario,cursos para especialistas de interpretación e composición,concertos de destacados artistas galegos e internacionais, sesións para o baile: Serán infantil e Baile Assalto ZdZ,exposición antolóxica cos obxetos e os cartaces das 10 edicións "Trebellos con manivela" ademais da promoción da nova xeración de luthieres galegos conforman a programación da Zona da Zanfona para este ano en Rianxo.

Logo de dez anos, os Encontros Internacionais coa Zanfona seguen a estender os límites conceptuais deste "sintetizador medieval " a territorios compartidos por estéticas posmodernas (drone, acusmática, secuenciación computacional, reducionismo, intervención sonora, improvisación, performance, o loop,...) que conviven coa música popular e universal, coa música coma razón social e encontro humano na percepción abstracta da paisaxe acústica dos nosos días.

Son significativas todas as figuras de renome internacional que teñen pasado por este encontro situando a Galicia no epicentro mundial do instrumento e que marca un presente magnífico para un porvir donde a memoria do instrumento vai gañando cada vez máis espazo desde o rexurdir dos anos 70. É nesta memoria que aCentral Folque é plataforma activa que aposta e pon e conexión a profesionais, alumnos, luthiers conseguindo desde o 2000 unha renovación esencial .

Zona da Zanfona ten acubillado os máis sobresaíntes creadores da novas tendencias para o instrumento: Valentín Clastrier, Matthias Loibner, Gilles Chabenat, Gregory Jolivet, Marc Egea, Isabelle Pignol, Óscar Fernández, Anxo Pintos, Adrià Grandia, ... ou os luthieres e investigadores Jaime Rebollo, Xulio Gª Bilbao, Luciano Pérez, Pablo Cid, César Loureiro…

Consolidado en Rianxo, ubicación de excepción para a cultura do país está a vangarda na programación musical para a zanfona, instrumento carismático que segue a sorprender e dando que falar logo de mil anos de Historia.

Por vez primeira no Encontro, este ano hai dous cursos para músicos. O xa consolidado curso para intérpretes -este ano impartido por Germán Díaz e un novo de composición orientado a especialistas non familiarizados coa zanfona pero si coa composición académica que queiran achegarse ás posibilidades técnicas e de de expresión que ofrece así coma a súa extensión musical, seu xeito de escritura, etc.este curso "A sanfona na composiçom" está impartido por Paulo González


PROTAGONISTAS










LA VOZ DE GALICIA S.A.

Rianxo será reino de la zanfona por tres días  


La central Folque eligió la villa marinera para su encuentro internacional, una cita considerada referente en la materia


Rianxo será reino de la zanfona por tres días - La central Folque eligió la villa marinera para su encuentro internacional, una cita considerada referente en la materia * -- Zona da Zanfona es el título del encuentro internacional que el próximo fin de semana se desarrollará en Rianxo. La central Folque ha elegido la villa marinera para la celebración del décimo encuentro internacional dedicado a este instrumento, una cita que está considerada un referente en la materia. Sesiones didácticas para niños, cursos para especialistas y conciertos constituyen los pilares básicos del programa...

* Rianxo be kingdom of the hurdy-gurdy for three days - The Central Folque chose the fishing village to an international match, a thoughtful quote reference on the subject -- Zona da Zanfona is the title of the international meeting next weekend will be held in Rianxo. The Central Folque chose the fishing village for the celebration of the tenth international meeting dedicated to this instrument, an event that is considered a benchmark in the field. Educational sessions for children, courses for specialists and concerts are the cornerstones of the program...

more:
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/2014/03/29/rianxo-sera-reino-zanfona-tres-dias/0003_201403B29C2997.htm



--



Folque: Zona da Zanfona, X Encontro Internacional


The #HurdyGurdy Weekly :|: #HGWeekly :|: http://tinyurl.com/HGWeekly

No comments:

Post a Comment